¿Cal é a solución á crise?

Moito se está a falar de crise ultimamente. E, é verdade, estamos en crise. Os meus colegas andan máis preocupados do normal. Eu tamén. As contas para os vindeiros meses andan xustas. A inestabilidade laboral rolda dun hemisferio cerebral a outro.



O desenvolvemento da sociedade está influenciado por tres elementos básicos: a economía, o ambiente e o socio – cultural. A esto hai que engadirlle as sinerxías e as simbioses que se dan entre eles. Este sistema, tal e como se presenta, leva décadas en desequilibrio por mor da existencia dunha serie de fluxos acíclicos que circulan sempre na mesma dirección. Estes fluxos ou transferencias pódense resumir en:

  • Transferencia de recursos dos máis pobres aos máis ricos
  • Transferencia de recursos dos países subdesenvolvidos aos países desenvolvidos
  • Transferencia de recursos das xeracións futuras ás xeracións presentes

Pero si esto é así desde fai anos, por qué agora estamos en crise e fai catro anos non? Que cambiou nos últimos meses? Evidentemente, a economía foi o que mudou. Dentro deste sistema a economía sempre era unha invariante onde os outros dous elementos estaban supeditados a aquela. E por desgracia, este sometemento non foi suficiente para manter un economía boiante. Asemade, hai que engadir que a percepción humana toma de referencia diferenciais de tempo tan pequenos que os problemas sociais e ambientais non se chegan a sentir con profundidade, pero os económicos si.

Os creadores de opinión – políticos, xornalistas, expertos en todas as disciplinas, etc. - falan de buscar unha nova orde económica. Case sempre introducen a coletilla “sostible” ou “desenvolvemento sostible” en todas as súas frases. Pero realmente que é o desenvolvemento sostible?

No ano 87 do pasado século XX, publicouse co patrocinio da ONU o informe "O noso futuro común" (Our Common Future) – máis coñecido como Informe Brundtland, en honor a primeira ministra de Noruga naquel momento, Gro Harlem Brundtland, que era quen presidía a comisión de elaborar este informe-. Neste informe recollíase por primeira vez o termo Desenvolvemento Sostible:

Aquel capaz de satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer que as xeracións futuras satisfagan as súas necesidades”

Sen dubida unha definición elegante. Pero tan elegante como ambigua. Explícome. Na primeira parte fai mención ás necesidades das xeracións presentes. Pero que necesidades é necesario satisfacer?. Ten as mesmas necesidades un galego que un subsahariano?. E na franxa de Gaza, que necesidades teñen? Estarán preocupados polo paro ou polo cambio climático?. Ou sen ir máis lonxe, ten as mesmas necesidades un cidadán de Meicende que un de Monteagudo? Se continuamos coa definición, de cantas xeracións futuras estamos a falar?. E que necesidades terán as xeracións futuras? Moitas máis que nos? Menos?

Tristemente, detrás destas incertezas, é onde, paradoxalmente, se bican correntes tan opostas como capitalismo e naturalismo, socialismo e liberalismo, a esquerda e a dereita, o progresismo e o conservadorismo, etc. porque todos eles se ven reflectidos e amparados na ambigüidade desa definición. Porén, se me entoxa difícil solución a curto prazo, para esta crise ou para a que xa tiñamos, segundo a óptica coa que se mire.

4 comentarios:

  1. Iso chámase amagar e non dar, ficamos coas ganas de saber cal é a solución, ou se cadra invítasenos a opinar. Eu vou aventurar unha: esperar a que as cousas se arreglen soas. Como me dixo unha vez o médico: "hai dous tipos de enfermedades, as que curan soas e as que non, en ámbolos dous casos nós pouco podemos facer".
    É interesante o apuntamento das transferencias de recursos pero non creo que esta crise as invirta, ou o que é o mesmo, habemos seguir co mismo modelo. Tódalas medidas tomadas van nesa dirección.

    ResponderEliminar
  2. Se tivera a solución á crise, xa vola tiño dito -incluso chamaría a Solbes e Obama-. Pero lamento a miña pouca inspiración. O que quero expresar é que este mundo que nos toca vivir xamáis agarrará o toro polos cornos. E perdón, polo do toro que son antitaurino.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. El Semanal desta semana recolle un entrevista a Eduardo Punset abranguendo o tema da crise. Tampouco emite unha solución (jeje), pero fai unha análise da culpa ou da culpabilidade da crise:” hemos vivido por encima de nuestras posibilidades demasiado tiempo”. Esta afirmación deixoume consternado. É máis, admiro profundamente a Eduardo Punset; creo que é un dos tipos máis brilantes que hai neste país. Pero, a verdade é que non esperaba un artigo así, nesa dirección por parte del. Sobre este tema teño discutido moito cos meus colegas. E me pregunto ¿Cómo podemos vivir demasiado tempo por enriba das nosas posibilidades? ¿Cómo se come isto? Non o entendo. Vivimos nun sistema tan catalizado, tan regulado, tan controlado por diversos entes –facenda, bancos, empresas, familia,…- que resulta que agora os estivemos enganando para vivir con mellor calidade. A min facenda e o banco a final de mes non me perdoa unha, non fallan, nin tan sequera as mandan ao longueiro, van todas por dentro. Entón, como podo vivir por enriba das miñas posibilidades durante moito tempo? . Creedes que realmente fomos os cidadáns de a pé, os hipotecados, os que temos que mercar marcas brancas, etc. os que provocamos a crise? Déixovos o link para que deixedes a vosa suprema opinión.

    http://www.eduardpunset.es/docs/enlosmedios/semanal20090208.pdf

    iTor Cimento

    ResponderEliminar
  4. Eu resumiríao así: estamos obrigados a vivir por riba das nosas posibilidades. Na Gran Depresión o endebedamento, público e privado, acadou o 300% do PIB nos USA, e nesta crise chegouse ó 350%. Son datos aproximados que cito de memoria, pero esclarecedores. Non se chega a esta situación senón hai algo de complicidade, ¿non?. Isto é Animal Farm, cando botan pienso nós comemos, cando chega o San Martiño somos nós os sacrificados. Está bó de entender, o dfícil é non saír na foto.

    ResponderEliminar