Esta semana Andanza participou na xuntanza de presentación do convenio de transportes da area metropolitana elaborado pola Xunta. Chegou a Arteixo para que a cidadanía presentemos propostas e suxerencias para mellorar o servizo de transporte urbano. As tarifas xa están acordadas, son prezos asequibles mediantes bonos para tódalas compañías da zona.
[...] será complexo modificar itinerarios debido a lei de transportes, podemos facer suxerencias a frecuencias, paradas e incluso variación ou incremento de itinerarios para desplazarnos por transporte de viaxeiros por Arteixo.
Si estás interesada en aportar propostas envíanolas canto antes, para a semana Andanza presentaraas na xuntanza do Governos cos representantes das asociacións. Agradecendo de antemán a túa colaboración, recibe un saúdo de Anxelina, portavoceira de Andanza.
Aproveito a ocasión para agradecer publicamente a Anxelina a información que de cando en vez me envía. Eu, xa posto, teño varias suxestións que inciden na valorización do servicio. Actualmente está desprestixiado e asociado cun status económico baixo (constatación feita sen acritude por un usuario):
- Mellorar a espera mediante: sinalización das paradas (incompleta), exposición de horarios (inexistente), resgardo das inclemencias (empezando pola estación de autobuses coruñesa).
- Unha axenda de traballo conxunta para os responsables de transporte da área metropolitana.
- WiFi en autobuses e paradas.
- Política de transporte público en Arteixo (u-los plans para xubilados, estudantes...? bip-bip-bip comunica!)
- Un plan especial para os polígonos industriais. Intentouse en Sabón e fracasou por un deseño defectuoso ó meu entender. Hai que implicar á Asociación de Empresarios, e facer un sondeo previo entre os potenciais usuarios para coñecer as necesidades e os principais atrancos que limitan o uso.
- O noite bus é unha idea excelente pero debe contar con servizos de seguridade.
- O horario do último autobús regular deberíase ampliar unha hora na fin de semana (V,S,D).
Os economistas chámanlle ben menor ou ben inferior a aquel ben ou servizo que o seu consumo diminúe segundo aumenta o poder adquisitivo das persoas. O transporte público e a mortadela poden ser exemplos de bens inferiores. Para que o consumo dun ben inferior aumente, ten que suceder que diminúa o poder aquisitivo ou que se incremente a calidade do ben ou servizo. Como é obvio, e non necesita explicación, o poder aquisitivo non o deberíamos baixar, quedando como única alternativa o de imprimirlle calidade ao servizo para sacarlle a etiqueta de ben inferior. E ese aumento de calidade ten que ir no senso de facelo máis versátil que o uso do coche privado. Se se consegue isto, chegaría para aumentar a prestixio ou a reputación de dito servizo? Quen sabe. Todo dependerá un pouco do orgullo da sociedade e tamén de si se pon de moda ou non o emprego do transporte público.
ResponderEliminariTor Nado
De acordo con vostede Sr. Nado, pero o asunto é que polo mundo adiante o transporte público non é un ben menor (da mortadela nada sei). En Silicon Valley que a túa empresa che poña autobús para ir a traballar vese como algo positivo, en realidade vese como o que é: un aumento de soldo. Sen ir tan alá, nas principais cidades europeas, e por que non dicir españolas ;), os servizos públicos de transporte, bus, metro, tranvía... non son algo decadente, senón todo o contrario. Aquí levámoslles anos, estamos bautizados e facemos caso da televisión. Disque hai un sitio en Alemaña, Berlín ou algo así, onde aínda van en bicicleta!
ResponderEliminariTor Pedo