
Saltou a lebre e esta vez non había xuíces nin ministros cerca co trabuco preparado. Emilio Botín (vídeo imprescindible) ven de solicitar á Comisión Nacional do Mercado de Valores que autorice un curral financeiro por dous anos na súa banca privada Banif. A noticia esclarece a magnitude e a natureza desta crise. Resumoo antes de explicalo: para saír rápido desta situación a banca tería que asumir perdas enormes, e iso non sucederá porque “a casa" sempre gaña.
Os bancos levan meses aceptando inmobles como pagamento de créditos que non poden cobrar. Creáronse sociedades para xestionar esta situación anómala, Altamira no caso do Santander, Anida no do BBVA, Aliseda no do Popular... Sociedades que segundo cálculos non fiables tiñan un patrimonio superior a 10.000M€ a finais de 2008. Desta maneira maquillan:
As estatísticas de morosidade, porque os créditos anótanse como devoltos.
- Os beneficios dos bancos, porque os inmobles adquiridos táxanse por riba do valor real (o de mercado se se puxeran á venda).
O truco está ben pensado, só hai un problema: a liquidez. Por iso, cando os clientes do maior fondo inmobiliario español, o Banif inmobiliario, solicitaron a devolución de 2.617M€, o 80% do total investido, tocaron o corazón de Botín. A devolución desta cantidade obrigaría ó Santander a vender inmobles con descontos que superarían o 30% do valor de taxación, así está o mercado. Dito doutro xeito: o prezo da vivenda baixaría, por fin, no país onde sempre sobe. Botín saca peito e di que os cartos non se poden devolver, que hai que aplicar unha moratoria de dous anos, un "corralito", pero polo que máis queiran non usen esa palabra.
Conclusión: Non é difícil ver que os bancos dan por feito que o prezo da vivenda non baixará substancialmente, e que dentro de dous anos o peor da crise terá pasado. Se de min dependera, terían que poñer en venda a súa carteira inmobiliaria antes de recibir axuda pública, isto aceleraría as súas perdas desde logo, pero tamén a recuperación do país. O valor das letras, sexan ou non do Tesoro, é o que nos permite distinguir entre meu e teu, ou entre Banco de España e banco de España. Ogallá cheagara o despido libre para algúns.
É lamentable que suceda isto nun país democrático, nun estado de dereito como recalcan os nosos políticos en numerosas ocasións. A verdade, isto ven a confirmar que o poder non o ten o pobo, nin os gobernantes elixidos cada catro anos, senón que o teñen determinadas institucións que manipulan e moldean ao cidadán tal e como si fose plastilina; dígase bancos, empresas enerxéticas, compañías de telefonía, SGAE, IGREXA, etc.
ResponderEliminarNo caso que nos atinxe, o teme paréceme especialmente grave. En Arxentina, o “curraliño” foi imposto por un goberno para tentar salvar a un pais enteiro. Aquí non, o “curraliño” é imposto por unha entidade privada unilateralmente – se así o ampara a CNMV- en detrimento do interese xeral, e todo, para salvar iso, os beneficios dunha empresa. É lamentable. Eú, para a próxima fágome obxector de conciencia a esta DEMO-CRACIA.
iTor Ito
A pregunta millonaria: sería positivo que baixara o precio da vivenda?, ou, o que é o mesmo a teor desta entrada, sería bó que os bancos limparan os seus balances? Non sexamos demagóxicos e reconozamos que isto tamén perxudicaría a moitos propietarios inocentes que posiblemente non viviron por riba das súas posibilidades pero que están no allo. Queda no ar a reflexión para que a respiredes.
ResponderEliminariTor Cida Brasileira
O que está claro é que Botín e Aznar van xuntos a pasantías de inglés. E parece que Zapatero tamén.
ResponderEliminarQue rápido desapareceu este asunto dos medios. Shss..., non se alborote o curral, hai cousas que non vemos e que é mellor non imaxinar. Como cantaba Siniestro Total "¿Qué es lo que hacen cuando están todos juntos?"
ResponderEliminar