WiFi e servizos públicos


O respectado economista Paul Samuelson estableceu dous principios, amplamente aceptados pola súa utilidade, para definir os bens públicos:
  1. Non exclusividade: Ninguén pode acaparar o seu uso exclusivo.
  2. Non rivalidade: Uns usuarios non limitan as posibilidades dos outros.
Un exemplo clásico é o servizo de orientación prestado polos faros. Ningún barco pode acaparar a súa luz (non exclusividade) e, como hai para todos non compiten por ela (non rivalidade). Estes principios son só orientativos porque nunca se cumpren absolutamente. O primeiro deles impide que o fareiro faga negocio porque non pode alumear só ós barcos que paguen, o segundo fai que o custo do servizo sexa independente do número de usuarios, a luz que guía a uns serve tamén para os outros (este drama é o da propiedade intelectual en internet). A comparación entre un punto de acceso WiFi e un faro é especialmente feliz; limitando o ancho de banda individual evítanse usos acaparadores e unha vez feita a instalación, o custo será o mesmo para un usuario que para cincuenta. As frecuencias WiFi non están suxeitas a licencia, son libres; foron desbotadas para uso comercial pola súa sensibilidade a fenómenos meteorolóxicos adversos como choiva ou névoa.

Sorprenderá saber que en España temos a rede WiFi libre máis grande do mundo. Un proxecto cidadán con máis de 5.000 nodos e un crecemento exponencial, guifi.net é unha iniciativa cidadá espontánea de calado internacional que garda moitas semellanzas en funcionamento e principios co software libre; a súa repercusión mediática, sen embargo, é inferior ás famosas sancións que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) impuxo a varios concellos, pero a lexislación europea, e a española en particular, están a mudar baixo presión popular. Os casos de Londres, NY e outras grandes cidades pódense rastrear en Google para comprobar que o mundo, ás veces, móvese "e puor si muove". A marea xa está aquí, e a CMT aclara no seu blog:
la ley general de telecomunciaciones especifica que las administraciones públicas pueden dar servicios de telecomunicaciones en condiciones que no distorsionen la competencia.
As condicións impostas recentemente polo regulador no famoso caso do Ayuntamiento de Avilés, foron que o servizo podía ofrecerse gratuitamente ós cidadáns si non se financiaba con cargo ós presupostos municipais, senón mediante publicidade de terceiros sen vínculos mercantís co consistorio. Esta resolución saca ó WiFi público da UCI. Máis vale tarde que nunca, porque poucos dos moi poucos que lean esta entrada saberán que no concello de Arteixo houbo varias iniciativas para crear unha rede WiFi pública. A primeira coa que eu estiven relacionado, foi hai seis anos, pouco antes do peche da de Barcelona e as sancións antes mencionadas. Houbo máis, pero ningunha prosperou; sirva esta entrada de recoñecemento ós pioneiros e como constatación de que o seu fracaso foi o de todos. Vai sendo hora de que os Concellos, así con maiúsculas, tomen a iniciativa. Berren xuntos porque é a única posibilidade de que os escoiten: ¡¡Vai sendo hora!!
P.D. Quede claro que nin a lexislación europea nin a española consideran ás telecomunicacións "servizos públicos", senón "servizos de interese xeral" en réxime de competencia, seguindo unha resolución de 1994 da Organización Mundial do Comercio (WTO) en Marrakech, ó rematar a Ronda Uruguay, que orixinou cambios lexislativos e privatizacións de monopolios estatais na UE.

6 comentarios:

  1. Moi boa esta entrada, o feito de que operadoras como Teléfonica miren á fibra óptica (acceso de calidade) como o seu futuro a longo prazo quere dicir que a marea WiFi pode ser freada pero non parada.

    ResponderEliminar
  2. Moi boas!

    Plenamente de acordo. A día de hoxe Internet converteuse na ferramenta mais potente, mais áxil, e mais eficiente para o acceso á cultura, á información e incluso á educación, dereitos básicos que están recollidos na Constitución. Porén, e para garantir estes dereitos creo que os poderes públicos poderían utilizar tecnoloxía tipo WIFI -ou incluso WIMAX- para dar como servicio público cobertura de internet e garantir así ditos dereitos. E as empresas? Evidentemente, a subsistencia das empresas que se dedican a subministrar cobertura de internet ten que pasar por ofertar un servicio mais competitivo que o servicio público, empregando tecnoloxías que dean mais ancho de banda, mais velocidade, etc.

    Un saúdo.
    iTor Menta

    ResponderEliminar
  3. Gracias, intencionadamente evítase calquera alusión a WiMax nesta entrada porque, si ben é verdade que ésta última tecnoloxía ofrece maior cobertura (radios de 50Km) e maiores capacidades, estamos a falar de frecuencias licenciadas, non libres. Isto fai que WiMax quede restrinxido a un uso comercial e sexa casi imposible ofrecer un servicio público de acceso básico a Internet.
    WiMax estase ofrecendo nalgúns parques empresariais galegos, pero sempre como unha fórmula privada. Google (ese demo!) parece interesada en pasar a dominio público o ancho de banda liberado tras o paso da televisión analóxica á dixital en USA, está ben explicado aquí: http://www.guifi.net/node/9967 ¿Qué sucederá en España cando se adopte a TDT? Fagan apostas... Noutro momento cóntovos a miña.
    Au Tor

    ResponderEliminar
  4. Efectivamente, WIMAX utiliza espectro licenciado entre 10 GHz e 66 GHz, pero a día de hoxe existen solucións WIMAX libres de licenza na frecuencia dos 5GHz. Ver http://www.intel.com/espanol/netcomms/wp04_espanhol.pdf

    Con todo, e a marxe da tecnoloxía que evidentemente non se pode obviar, quixera facer unha lectura a vista de paxaro do tema exposto, no que coincido totalmente en que o acceso básico a internet debería ser un servizo público ofertado polas administracións.

    iTor Menta

    ResponderEliminar
  5. Quixera puntualizar, aínda que en nada afecte ó fondo do asunto, que a banda dos 5GHz está libre, non licenciada, con certas condicións (extracto unha resolución da CMT dirixida ó Concello de Conil de la Frontera):

    • 5,150 – 5,350 GHz: Se restringe para su utilización únicamente en el interior de recintos.
    • 5,470 – 5,725 GHz: Esta banda puede ser utilizada en el interior o exterior de recintos.
    • 5,725 – 5,875 GHz: Se reserva para aplicaciones industriales, científicas y médicas (no servicios de radiocomunicaciones).
    • En relación con esta cuestión debe tenerse en cuenta lo establecido en la Orden ITC/3391/2007, de 15 de noviembre, por la que se aprueba el Cuadro Nacional de Atribución de Frecuencias, así como en la
    Resolución de 7 de abril de 2008, de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, por la que se publican los requisitos técnicos de la interfaz radioeléctrica reglamentada IR 12 relativa a los sistemas de acceso inalámbrico incluyendo redes radioeléctricas de área local (WAS/RLANs) en la banda de 5 GHz.

    Ó que eu me refería é que, na práctica (recalco isto) e a día de hoxe, falar de WiMAX é falar de solucións de pago xestionadas por telecos.

    Au Tor

    ResponderEliminar
  6. Ok. Gracias pola puntualización.
    Con respecto a TDT, supoño que haberá que mirar si hai eleccións cercanas a data do apagón analóxico (polo tema da financiación dos partidos, máis que nada, jeje.) Si fose así son fabas contadas.
    iTor Menta

    ResponderEliminar