Pórse as pilas


¿É posible comprar en España un automóbil 100% eléctrico? Pois si, aínda que non haxa moito onde escoller. O Reva é un vehículo claramente orientado ó uso urbano (3 prazas, 65-80Km de autonomía, e 2.6m de lonxitude), aínda que para moitos só será un vehículo de golfistas. Non parece que vaia ser un superHit desde logo, dise que este coche chegou ao mercado español co gallo da candidatura madrileña ós xogos olímpicos de 2012 e que non pasará de anécdota. Se cadra o peor é o desempeño das baterías convencionais de chumbo, aínda que a marca promete substituílas por outras de litio no primeiro semestre deste ano. Hai que salientar, non obstante, algunhas características novidosas que poñen os pelos de punta ás compañías petroleiras e ós fabricantes de automóbiles convencionais:
  • Custa 6.000-9.000€ e non precisa cambios de aceite, filtros, ...
  • O consumo é de 1€ cada 65-80Km (cinco veces menos que un diésel).
  • Pódese recargar en calquera enchufe doméstico.
A última é especialmente perigosa, non se pode consentir que a xente perda o hábito de ir á gasolineira, empézase por aí e acábase na autosuficiencia enerxética, ¡o colmo!.

Relacionado.
Who killed the electric car? é unha historia antigua e famosa, pero se alguén non a coñece pode informarse aquí: vídeo (10m) en youtube (preceptivo javascript e flash), artigo en wikipedia.

3 comentarios:

  1. Eu xa estou en negociacións coas miñas mitocondrias. Creo que esa é a única forma de ser autónomo enerxéticamente. Je Je.

    iTor Pedo

    ResponderEliminar
  2. Se o consegues (o das mitocondrias) volta e cóntanolo por favor, pero negocia con sentido ¡que non che fagan folga! Eu penso que nunca antes tivemos enerxía tan barata, non falo do recibo da luz obviamente, senon das coiteladas en subastas eólicas por exemplo.
    Os nosos devanceiros eran autosuficientes e mais tiñan mitocondrias, certo que se lavaban menos, pero para algo ten que servir o progreso da técnica. ¿Qué pasaría se na tua casa tiveses un electrodoméstico capaz de facer fusión fría? Non creo que as cousas vaian por aí, pero o ser humano ás veces sorprende ó ser humano. Sí, prefiro ser optimista.

    ResponderEliminar
  3. Existen (non en Hispania) coches en proba coma o Honda fcx clarity impulsados por hidróxeno, con 136cv -cito de memoria-, que satisfarían a calquera condutor. Iso sí, ca pila de H2 hai que pasar polas gasolineiras que nalgúns países xa están a adaptarse. Que eu saiba, salvo en Asia, os coches eléctricos son prototipos non en venta, Reva é da India e esta noticia a excepción que confirma a regra.

    ResponderEliminar