¿Democracia 2.0?

¿Democracia directa ou indirecta? ¿Temos unha Democracia evolutiva ou involutiva? ¿Son eficaces os sistemas parlamentarios actuais? ¿A administración toma as mellores decisións para o interese xeral? ¿Son necesarios os partidos políticos?....


Estamos na era do triunfo da intelixencia colectiva. As wikis, o Open Source, as Web 2.0, os Bancos de Ideas responden a esta filosofía. Estas ferramentas empezan a rachar coa dependencia catalizadora que a poboación ten das grandes institucións, das grandes empresas, das administracións e dos grandes magnates que son os que até agora marcan o ritmo e a pauta no devir diario dos cidadáns.

No ámbito da Gobernanza, cada catro anos, a poboación cédelle a un ou varios partidos políticos - ou a todo un parlamento - a capacidade de decisión, de lexislar, de determinar e de establecer as directrices que marcan as nosas vidas. Para camuflar esta Democracia de baixa intensidade existen ferramentas ornamentais - normas e convenios de participación cidadá para a toma de decisións, iniciativas lexislativas populares ( 500.000 firmas!!!!), etc. - que dubidosamente gozan de funcionalidade algunha -seguramente porque os propios gobernantes se encargan de mingualas para non perder a súa alícuota de poder-.

Platón define Democracia como goberno da multitude, e dicir, como unha organización de persoas na que o poder reside na totalidade dos seus membros e as decisións as toman todos os seus membros. Partindo desta certidumbre, ¿non teremos un sistema democrático demasiado desvirtuado?.

Recentemente, o blog oficial de Menéame recollía a noticia de que o goberno estaba estudando o algoritmo de Karma para modificar a Lei Electoral. Sen dúbida, si isto fose así, sería unha magnifica noticia para comezar o tránsito dunha Democracia indirecta a unha Democracia directa, a unha Democracia libre, a un wikigoberno, que asegure a participación cotiá de toda a sociedade na toma de decisións.

A tecnoloxía está preparada e desmostra a súa viabilidade día tras día. Contrariamente, é de supoñer que os detractores a esta corrente basearanse no precepto de que as novas tecnoloxías non se empregan pola totalidade da poboación. E, efectivamente, existen esferas da sociedade que aínda teñen pouca empatía polas TIC's, pero nos ultimos anos moito se ten mellorado neste senso, e é de esperar, que en poucos anos se obture a brecha dixital existente entre os distintos sectores de poboación. ¿Que pasará entón? ¿Entrará este tema no debate político?


2 comentarios:

  1. Je, je. A noticia do algoritmo de Karma é do 28 de decembro. Bo intento. Moito se está escribindo na rede sobre este tema últimamente pero eu son bastante escéptico.Non hai máis que poñer no jujel democracia 2.0 ou políticos 2.0.

    http://blogs.alianzo.com/redessociales/2005/11/13/ciberdemocracia-democracia-2-0/

    http://humanismoyconectividad.wordpress.com/2007/07/28/democracia-estocastica-el-azar-al-poder/

    http://www.marcvidal.cat/espanol/2006/12/politicos_20.html

    iTor Menta

    ResponderEliminar
  2. Teño o coraçao dividido. Xente que merece todo o meu respecto tense pronunciado claramente contra o voto electrónico, pero eu penso que un sistema da Grecia clásica parcheado en 1789 merece, polo menos, outro parche.
    ¿Cómo vertebrar unha democracia descentralizada?, aínda hai que inventar as ferramentas e non debemos confiar en que a actual clase política veña con elas a petar na nosa porta. Internet ha ser para a democracia o que a máquina de vapor para a Revolución Industrial, é cuestión de tempo. Pero non creo que o asunto estea solucionado antes das próximas autonómicas :(

    ResponderEliminar