
Sostible. Esa é a palabra clave. É o adxectivo que converte ou enmascara en algo perdurable calquera substantivo de dubidosa reputación ou evolución. Así, falamos de desenvolvemento sostible, de economía sostible, de xestión sostible, etc. Incluso, de luxo sostible lin ultimamente por aí. Pois ben, tralo fracaso de Copenhague, xa sabemos que de momento nada será sostible, nin ten trazas de converterse en sostible. Tampouco a famosa “Lei de la Economía Sostenible” (S.O.S.temible, se puido ler nalgún foro); non valerá para nada. Nothing!. Medidas sostibles as que propón a lei (non todas) nun sistema insostible. Aí, está a clave; vivimos nun sistema insostible e nos diriximos a un mundo cada vez máis insostible, agravado polo problema da superpoboación.
Agora ben, na miña opinión, a solución está en es tres piares básicos para adxectivar sostiblemente todos aqueles substantivos que nos podamos imaxinar (economía, paz, sociedade, vida, agro, etc.). Estes son:
- Fonte de enerxía renovable e limpa. O sol será a nosa única opción.
- Recuperación total da materia dos nosos residuos e refugallos.
- Ordenación intelixente do territorio, preservando os ecosistemas claves e sustentadores da vida.
Evidentemente, estes son os tres piares básicos dos que deberán emanar outras liñas de actuación necesarias no ámbito social, económico e ambiental para chegar a un modelo sostible. Pero, sen estes tres piares nada poderá ser sostible.
Emporiso, tampouco aqueles que pretendan un cambio profundo no modelo económico, aqueles que pidan unha maior liberalización do mercado con reformas estruturais ou aqueles que soliciten unha reforma do sistema financieiro para lograr unha economía sostible están no certo. Esquécense unha vez máis de que a Terra é finita (No quero decir con isto que non faga falla reformas económicas específicas e profundas, pero non serán nunca a solución final). E, se entendemos que a Economía é a disciplina que dispón os recursos da Terra á sociedade -falando desde o punto de vista antropocéntrico-. Como, se entendería así, -con simples e profundas reformas economicistas- unha economía sostible? Continuará...