O resultado dunhas eleccións limpas é xusto, por definición. Pero, cal é o resultado destas? O da dereita ou o da esquerda?. Déixolles estas tortas como sobremesa (o sector verde non é de kiwi, é de "outros").

A diferenza val unha maioría absoluta... made in
D'Hondt.
Actualización (15/03/2009). O resultado definitivo das eleccións tras o escrutinio do 100% dos votos é este:

A evolución do voto, dos tres partidos con representación, respecto ás autonómicas de 2005 foi:
PP +4.029, PSOE -72.246, BNG -44.323. Suso de Toro resumiu esta exigua melloría do PP, fronte ao afundimento do bipartito, cun oxímoro, "
vitoria inmerecida, derrota merecida". En Arteixo:
PP +1.196, PSOE -115, BNG -844, excelente resultado do PP, e malos presaxios para o BNG.
O que vale é o da dereita sen dúbida ningunha. Pero paréceme interesante o seguinte, PSOE e BNG recibiron 117.730 votos menos que no 2005, o PP aumentou só 3.216. O resto marchou para o partido dos kiwis, pero por arte de D'Hondt os kiwis meréndaos Frijolito. 3.216 votos dánlle ó PP 2 escanos máis e a maioría absoluta, e os 23.445 votos de UPyD valen "cero patatero". Nin proporcional, nin xusto.
ResponderEliminarC3PO
O que non se pode negar é que o bipartito perdeu por méritos propios. Como di "sitripio" máis de 100.000 votos gone with the wind. Agora o PP nun acto de coherencia (xa sabedes "que goberne o partido máis votado") vai upar a Ibarretxe a lehendakari. Ou se cadra querían dicir que gobernara sempre o PP. Concedido!
ResponderEliminariTor Quemada
No seu momento o Goberno Fraga ascendeu o nivel para obter escano do 3% ao 5%. O bipartito tivo catro anos para reverter isto e non fixo. Why?. Outra mostra, para min de que o bipartito foi de todo menos un goberno de esquerda.
ResponderEliminarOutros 16 anos máis.
"O Presidente" dixo que correr era de covardes e non quixo ter unha erección anticipada. Isto custoulle o governo e máis o posto. Todos temos días malos.
ResponderEliminarRepasando os datos de Arteixo vexo que o BNG perde 844 votos e o PP gaña 1099. En total emitíronse 1300 votos máis que en 2005.
Suspenso e aprobado contundente para Bloque e PP, eu diría que ligados ó plan de vivenda protexida. Haberá aínda quen non queira examinar a conciencia. E o digo eu que estou a favor do plan, pero en contra de facer mal as cousas.
C3PO