
Carta aberta ao Ministro de Industria. Asociación de Internautas.
Guía para dar de baixa un ADSL esterilizado. ExGAE.
Conferencia en "La Casa Encendida". Carlos Sánchez Almeida.
Escribiume a ministra Magadalena Álvarez para comunicarme a aprobación definitiva do proxecto da estrada que unirá o porto de Arteixo coa A6. Para os que non estean interesados nos detalles deixo esta imaxe na que se ve, de amarelo pálido, o trazado definitivo, recoméndolles ampliala.
Desbótase, por careiro (31.4 M€), o rescate da peaxe na AG55, pese a que tres quilómetros do seu trazado serán de tránsito obrigado para acceder ao porto (liña vermella descontinua). O tráfico non pasará polas cabinas da peaxe (punto vermello), pero Fomento desembolsará 7.9M€ por este concepto, isto coñécese como peaxe na sombra. Varias son as discrepancias entre nós Magdalena:
¿Non é un agravio comparativo, para outros expropiados que Fomento negocie un acordo coa concesionaria da AG55?, «... la viabilidad de esta alternativa depende del acuerdo entre el Ministerio de Fomento, la empresa concesionaria de la Autopista AG55 y la Consellería...». (Memoria páx.21)
¿Non é verdade que Arteixo recibe o impacto dunha vía de alta capacidade que fractura o seu territorio, mentres A Coruña obtén un acceso rápido bidireccional pola Grela, pese a que: «El vial que se diseña pretende conectar la A6 con el Puerto Exterior».
Ao meu entender, Magdalena (e mira a pasta que aforras), non cabe o abono da peaxe en sombra porque non se priva a Autoestradas “de Galicia” dun só céntimo da concesión que xa explota. A indemnización de 7.9M€ supón unha ampliación solapada da actual concesión. Correspondería, non obstante, indemnizar polo mantemento e conservación dos 3Km de autoestrada que usará o tráfico portuario (non máis de 1M€ segundo cálculos propios baseados nos datos do estudo preliminar).
Resumindo. Non nos libramos da ignominiosa peaxe, ampliámola cun plan Marshall inverso, e obramos para que A Coruña poida ter un amor en cada porto, no seu, e máis no de Arteixo (Asturias quiere a Navarra). Vaia un minuto de silencio por Suevos, Rañobre, e o Portiño de Suevos.